Gala internacional de Maxia en Ferrol

13 de Outubro Teatro Jofre

 

Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”. Unha selección dos novos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.

Na Gala participarán:

JEROME MURAT (Francia): Jerome Murat está considerado o mellor mimo do mundo. O seu acto da estatua de dúas cabezas é coñecido mundialmente, unha mestura de teatralidade e maxia imposible, son as claves deste número multipremiado internacionalmente.

KIMOON DO (Corea do sur): Kimoon Do chega a Galicia directamente dende Corea para mostrar o seu número máis destacado: O director máxico de orquestra.
KiMoon Do é gañador de multitude de premios a nivel mundial e levou a súa maxia aos 5 continentes.

LORE LAVAND (Arxentina): Lore Lavand mestura maxia, teatralidade e poesía no seu espectáculo. Un número cheo de emocións que conseguirá trasladar aos espectadores ao mundo dos sentimentos. Sen dúbida, un acto cunha gran enerxía emocional.

NESTOR HATO (Francia): Nestor Hato é especialista en manipulación, a rama máis complexa da maxia. O seu show é explosivo e trepidante, os espectadores non poderán creer o que están vendo. Un número que conseguiu dar a volta ao mundo e estar presente nos mellores escenarios e platós de televisión.

MAGO MURPHY (Madrid): Murphy será o mestre de ceremonias do espectáculo, o presentador perfecto pola súa simpatía e conexión co público. Será o encargado de dar paso aos diferentes números ao tempo que nos amosa a súa maxia máis creativa e espectacular.

RAMÓ AND ALEGRÍA (Barcelona): Ramó and Alegría teñen multitude de premios, a súa maxia é unica e teñen un estilo moi persoal. Un show onde todo aquilo que poida saír mal… Sairá mal! Unha mestura de comedia e ilusións espectaculares de gran formato.

Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.