Compañía Mag Edgard

Un acto único no mundo presentado pola compañía Mag Edgard, integrada por 8 artistas dispostos e dispostas a crear un universo de película.

Un número espectacular de grandes aparellos, cunha escenografía única, onde hai aparicións, desaparicións ou levitacións. Unha viaxe ao mundo da infancia e dos soños. Un dos números máis reclamados na actualidade nos principais festivais máxicos a nivel mundial.