Nacho Samena

Campión nacional de maxia, Nacho é un dos meigos galegos con máis proxección da actualidade. A súa maxia é divertida e moi orixinal. Amosará o número que o levou a ser coñecido mundialmente e co que logrou importantes recoñecementos. Unha fusión de música e destreza manual dan lugar ao asombro máis absoluto.