2 de Outubro Auditorio Xosé Manuel Pazos
Xa está aquí a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta, reunidos nun único escenario. A gala será presentada polo Mago Murphy e contará cos multipremiados números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a incrible posta en escena da Compañía Mag Edgard (Barcelona).
Entradas: CLICK AQUÍ
Prezo: A partir de 16€ + gastos.
Data, hora e lugar: 2 de outubro ás 18:00h e 20:30h no Auditorio Xosé Manuel Pazos.
Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.