3 e 4 de Outubro Teatro Colón
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”. Unha selección dos novos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.
Na Gala participarán:
JEROME MURAT (Francia): Jerome Murat está considerado o mellor mimo do mundo. O seu acto da estatua de dúas cabezas é coñecido mundialmente, unha mestura de teatralidade e maxia imposible, son as claves deste número multipremiado internacionalmente.
KIMOON DO (Corea do sur): Kimoon Do chega a Galicia directamente dende Corea para mostrar o seu número máis destacado: O director máxico de orquestra.
KiMoon Do é gañador de multitude de premios a nivel mundial e levou a súa maxia aos 5 continentes.
LORE LAVAND (Arxentina): Lore Lavand mestura maxia, teatralidade e poesía no seu espectáculo. Un número cheo de emocións que conseguirá trasladar aos espectadores ao mundo dos sentimentos. Sen dúbida, un acto cunha gran enerxía emocional.
NESTOR HATO (Francia): Nestor Hato é especialista en manipulación, a rama máis complexa da maxia. O seu show é explosivo e trepidante, os espectadores non poderán creer o que están vendo. Un número que conseguiu dar a volta ao mundo e estar presente nos mellores escenarios e platós de televisión.
MAGO MURPHY (Madrid): Murphy será o mestre de ceremonias do espectáculo, o presentador perfecto pola súa simpatía e conexión co público. Será o encargado de dar paso aos diferentes números ao tempo que nos amosa a súa maxia máis creativa e espectacular.
MANOLO COSTA Y MINDANGUILLO (Elche): Manolo Costa e Mindanguillo acaban de gañar o Premio Europeo de Maxia na súa especialidade, a maxia cómica. Un dúo único que veñen dispostos a poñer o teatro patas arriba.
Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.