10 de Setembro ás 20:30h do 2022 Palexco 20:30h
Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”. Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.
Todo isto, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se achega por primeira vez ao mundo da maxia.
Na Gala, participarán:
Hyun Joon Kim (Korea): Primeiro Premio Mundial de Manipulación. Miles de cartas aparecen na punta dos seus dedos a un ritmo vertixinoso.
Jimmy Delp (Estados Unidos): Premio Mellor Mago Cómico. Como receen quitado dunha serie de debuxos animados, este mago recrea situacións totalmente insólitas.
Arno (Francia): Mellor acto de Maxia Xeral. Un dos números máis aplaudidos e premiados da historia da maxia mundial. Pura maxia que recordarás sempre.
Huang Zheng (China): Premio Anéis Máxicos. Presenta o seu galardoado número “Aire”, unha proposta coidada e poética, trasládanos ao mundo da maxia oriental.
Dani Polo (Galicia): Premio Ali Bongo, mago revelación europeo 2018. A súa especialidade son as grandes ilusións. Persoas que aparecen da nada, voan ou se teletransportan, todo é posible!
Para todos os públicos.