Gala internacional de Maxia en Ferrol

Gala internacional de Maxia en Ferrol

8 de Outubro Teatro Jofre 20:30h

 

Horario das Galas: 18:00h e 20:30h

Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”. Unha selección dos novos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta.

Na Gala participarán:

Miguel Muñoz (España): Miguel Muñoz é campión mundial de maxia, o máximo galardón que pode obter un ilusionista, e como non, tiña que estar na Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”.
Ademais, é un dos personaxes principais da película “Dumbo” de Tim Burton.
A súa maxia é pura poesía visual, unha marabilla!

Paul Ponce (Arxentina): Paul Ponce é considerado un dos mellores malabaristas do mundo enteiro, a destreza e velocidade das súas mans son pura maxia. Un número realmente espectacular dun artista enerxético e carismático, cun ritmo realmente asombroso. Un luxo poder desfrutar da súa arte en Galicia Ilusiona.

Dania Díaz (Venezuela): Dania Diaz é unha maga venezolana que triunfa polo mundo adiante coa sua maxia tan peculiar, ao mesturar ilusións coa narración de historias. Foi botón dourado no programa de televisión “Got Talent” e participou no prestixioso “Got Talent: The Champions” en Estados Unidos.

Amadeo Edama (España): Edama é especialista en maxia de gran formato, grandes ilusións visuais onde todo é posible. Recibiu multitude de premios e presentou os seus números nos mellores teatros. Chega a Galicia Ilusiona para deixarnos coa boca ben aberta!

Dúo Kybalion (Arxentina e Rusia): O Dúo Kybalion está formado por Inna Rudova (Rusia) e Guillermo Neumayer (Arxentina). Son expertos en cambios ultrarrápidos de vestiario e levaron o seu acto a máis de 30 países de todo o mundo, abraiando a audiencias e conseguindo grandes ovacións.

Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.