Maxia Itinerante Lugo

O Festival Internacional de Ilusionismo “Galicia Ilusiona” traerá a Lugo o TEATRO ITINERANTE, unha das novidades para este 2023.

Actuacións dentro dunha caravana convertida nun espectacular e sorprendente Teatro Máxico Itinerante.

Durante unha xornada completa, a caravana máxica instalarase nunha ubicación emblemática e moi coñecida da cidade.

Ao longo de todo o día 8 de setembro, realizaránse 10 actuacións de maxia no seu interior, presentacións curtas, de 20 minutos e para un máximo de 20 persoas por pase.