Gala Internacional de Maxia en Lugo

3 de Outubro Auditorio Gustavo Freire

Xa está aquí a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta, reunidos nun único escenario. A gala será presentada polo Mago Murphy e contará cos multipremiados números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a incrible posta en escena da Compañía Mag Edgard (Barcelona).

EntradasCLICK AQUÍ

Prezo: A partir de 16€ + gastos.

Data, hora e lugar: 3 de outubro ás 18:30h e 21:00h no Auditorio Gustavo Freire.

Para todos os públicos, duración aproximada: 1:30h.